Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 10 de febrero de 2023
Na acción da película

Penso que me deixei influenciar polo personaxe de Jeff Daniels na película "A rosa púrpura do Cairo", de Woody Pingas de Orballo Allen, que sae da pantalla para mesturarse cos espectadores. A min, o outro día, pasoume ó revés: que estaba vendo unha película (que vira varias veces), que me levantei da butaca, que me dirixín á pantalla e que me metín na acción desa película. Mestureime cos personaxes. Eles quedaron alucinados e eu non tardei dous segundos en destriparlle todo o filme.
A un personaxe díxenlle que escapase do soto no que estaba escondido, que se non, unha parella de policías deteríano en menos de vinte minutos. Non me quixo facer caso, mais expliqueille todo o que fixera desde que empezara a longametraxe. Cando lle dixen incluso que nunha escena rañaba o ovo dereito, aí foi cando me creu e fuxiu como ánimas que leva o demo.
Ós poucos minutos de meterme na película coincidín co artistiña e xa lle dixen que non se preocupase, que el sairía vivo do galimatías no que o meteran e que mesmo atraparía ó asasino. Que nada, que si, que lle apuntaría cunha pistola na cabeza, pero que o malo non a usaría ata que el reaccionase desde o chan cunha patada naquel sitio que doe moito. Tamén ó momento lle dixen quen era o auténtico asasino. Non obstante, que disimulase un pouco, que había que manter ó espectador en tensión. Aínda que, sendo Brad Pitt, a xente xa imaxinaba que saía con ben, pero... Ás veces nin sendo Brad Pitt te salvas. Depende moito do director. E máis do guionista, claro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES