Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 09 de febrero de 2023
Bailando sobre alucinacións

Ás veces a memoria ou o entendemento baila sobre alucinacións que non deberían vir a conto, pero veñen. Viñeron o outro unhas poucas. Que me sentín Howard Hawks mandando cruzar o Río Bravo, cando a realidade era que eu cruzaba o Río Arnoia pola ponte vella de Baños de Molgas. O asunto cambiaba moito. Como cambiou Pingas de Orballo ó día seguinte, cando me notei coma John Wayne cabalgaba polo Monument Valley. Era eu que cruzaba Barricobos subido no lombo do burro.
Emporiso, tanto John Wayne coma eu mesmo iamos detrás de dúas ducias de indios que se escaparan da reserva que había á beira do Río Lobos, é dicir, no Muíño da Luz, asentado á beira do Río Sor. Non tardamos en atopar as dúas ducias dos arapahoes: estaban agochados, todos eles, debaixo dunha verza. O problema estaba en como meterlles man, xa que como John Wayne, agora mesmo, era un personaxe ficticio, non levaba nin rifle nin colt. E eu, pobre de min, tan só portaba a vara aguillada. Pouco dano lles podía facer coa punta cravada no extremo da vara.
Non desesperei, metín dous dedos na boca e asubiei por Rin Tin Tin, que, na realidade, quen apareceu foi o meu Uriarte. Este non andou con lerias: fincáballe os dentes nunha nádega ós indios mentres eu os picaba na outra. Así, entre os dous, espantamos ós indios e, estes, coas presas, foron afogar ó Río Colorado á altura de Yuma, é dicir, ó Río de Tioira no seu paso por Portugalego. Uriarte e eu regresamos á realidade. El deitou ante a porta da casa e eu sentei no sofá para ver unha do Oeste.

Sen estrelas

Ás veces é mellor non ler a prensa porque hai novas que deixan a un medio fundido. O outro día non sei que xornal comentaba que esta xeración (imaxino que a dos máis noviños) deixaría de ver as estrelas. Iso é horrible! Só que sexa polo mero feito do que significa velas, da súa fermosura. Tal aseguranza lanzouna Science, que tamén revelou que a contaminación luminosa aumentaba un 9,6% cada ano.
Pingas de Orballo O da contaminación é un dato máis que malo, pero que, máis ou menos, xa se intúe, xa asumimos. E menos mal, que podía ser peor. Rectifico: creo que será peor. Agora ben, o de non poder ver as estrelas iso bota para atrás todos aqueles poemas que se escribirían nun futuro. Porque... quen non lle adicou uns versos ás estrelas? As estrelas, logo do corazón, creo que é un dos símbolos máis grandes que existen cando se fala de amor ou de romanticismo.
As estrelas, esas que están no universo de Space Odity, de David Bowie; ou en A Sky Full of Stars, de Coldplay; ou no universo de Amaral; ou no Starlight, de Muse. Aínda que para un servidor a estrela máis errante é a de Lee Marvin. Este actor só cantou unha vez na súa vida, pero a súa Wandering Star é todo un universo de emocións e felicidade.
Con esta marcha contaminante que levamos, nin subindo ó alto dos Castros, en Cartelle, nin á Chaira ou Outeiro do Corno, en Baños de Molgas, conseguiremos ver eses astros que nos fan soñar, rir, versificar e amar. Como a súa visión semella que chega á súa fin, non queda outra que empezar a durmir ó raso para contemplar... as estrelas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES