Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguiremos na súa compaña

jueves, 09 de febrero de 2023
Hai un refrán castelán que di:
"Dime con quien andas y te diré quien eres".
Non cabe dúbida que as compañías din moito de nós.

Neste caso seguimos en compañía de Madre Teresa de Calcuta que seguro ten moito que dicirnos.
No artigo anterior remataba dicindo:

NUNCA ESTARÁS TAN OCUPADO/A COMO PARA NON PENSAR NOS DEMAIS.
Pois hoxe en día a infancia non ten contacto físico: métese na rede e esquécese do que tén o seu carón.
E cos adultos está pasando outro tanto.
Imos moito ó noso e esquecémonos que somos sociais por natureza e precisamos o contacto físico e as relacións cara a cara.
Non ten punto de comparación unha conversación arredor dunha mesa con outra a través do teléfono aínda que sexa con vieochamada.
Onde se poña o natural...!

- PARA FACER QUE UNHA LÁMPADA ESTEA SEMPRE ACESA, NON DEIXES DE POÑERLLE ACEITE.
Certamente, as relacións humanas: hai que regalas diariamente para que non se poñan murchas e cheguen a morrer.
¿Cantos matrimonios e parellas se rompen por falta de comunicación?
Moitos.
¿Cantas criaturas fracasan nos estudios porque os proxenitores non teñen tempo para ocuparse delas?
Moitas.
¿Cantos anciáns viven amargados en soidade porque os fillos non teñen tempo para ir a visitalos?
Moitos.

Debemos sacar tempo de onde sexa para ocuparnos das persoas que máis queremos.
Compartir tempo e compañía é un bo regalo.

-NON SEMPRE PODEMOS FACER GRANDES COUSAS; PERO SI PODEMOS FACER COUSAS PEQUENAS CON MOITO AMOR.
A vida de cada día está feita de detalles pequenos:
Un saúdo de bo día ou boa noite pode facerlle moita compañía a unha persoa que viva soa.
Dá-las grazas, pode facer que unha persoa se sinta agradecida e se vexa animada a seguir axudando.
Unha chamada para interesarse por alguén, xa é suficiente para que unha persoa se sinta acompañada e segura.
E así con infinidade de pequenos detalles.

VIVE SENCILLAMENTE PARA QUE OUTROS POIDAN SIMPLEMENTE VIVIR.
Co que lles sobra a algúns, amañaban a súa vida moitos.
Pero o que ten de sobra, moitas veces, nin siquiera é consciente.
Nadar na fartura é moi doado e non pensar nos necesitados, tamén.
¡Derrochamos tanto nos países ricos!
¡Pobre do nós se un día se invirten os términos!

¿COMO PODE HABER DEMASIADOS NENOS?
ESO É COMO DICIR QUE HAI DEMASIADAS FLORES.
Incrible; pero certo: hai parellas que non queren ter fillos porque xa teñen dous cans, un gato e non sei que outra mascota.
¿Pódese comparar unha mascota cun fillo das nosas entrañas?
¿Construirannos o futuro as nosas mascotas?
¿Coidarannos na ancianidade?
¿Iremos ben ou terá razón Santa Teresa de Calcuta?
Certo que criar un fillo hoxe en día é moi caro; pero o que non podemos faceré invertir a pirámide poboacional.
Precisamos relevo xeracional.

-O PERDÓN É UNHA DECISIÓN, NON UN SENTIMENTO, PORQUE CANDO PERDOAMOS NON SENTIMOS MÁIS A OFENSA, NON SENTIMOS MÁIS RENCOR.
PERDOA QUE PERDOANDO TERÁS EN PAZ A TÚA ALMA E TAMÉN A TERÁ QUEN TE OFENDEU.
Estas sabias palabras, de Teresa de Calcuta, son pesadas como o chumbo para esta sociedade que só pensa nos dereitos.
¡Cantos problemas deixar e solto o perdón!
Nunha ocasión unha nena de curta idade, preguntoume que facía Deus cos nosos pecados.
Contesteille: "tíraos á papeleira".
Para perdoar e pasar páxina hai que "tirar moitas cousas á papeleira para que as leve o camión do lixo e procedan á súa destrucción definitiva".

E o caso é que hoxe en día por calquera insignificancia, dicimos:
¡Perdón...!
Pero cando realmente hai que perdoar, encontrámonos co corazón moi endurecido.
Se non perdoamos é porque non amamos.
Esquecemos que: "quen ama pusúe a maior riqueza".

"A MAIOR RIQUEZA"

Este será o título o seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES