Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pluma estilográfica

miércoles, 17 de diciembre de 2008
Onte pola noite, non sei se despois de soñar, ou se foi soñando, ou se foi durmindo ou estando durmido, erguinme da cama; camiñei directamente cara ao escritorio, collín un papel e unha pluma estilográfica e vexan o que fixen: escribir. Comecei a encher unha páxina. Estrañoume moito porque, se case non o fago esperto, como o vou facer durmido? Ao ler as frases que acababa de escribir "A chuvia en Sevilla é unha marabilla", quedei aceso; esa frase estaba na miña imaxina-ción, ben porque xa a ouvira antes ou porque as últimas novas anunciaban un ano, para esa parte do mundo, moi seco. Non comprendía como puidera escribir esa parvada, xa que a miña intención era a de escribir uns fermosos soños antes de que me esqueceran. Intenteino de novo e esa vez ao reler o que escribira non se me facía familiar co soñado, nin sequera estaba seguro de telas escrito eu. Durante un intre observei a lámpada, que sen cansar estaba alumeando a folla que aspiraba a encherse de moitas letras e por un momento crin que me espiaba, que me observaba impaciente. No fondo era unha compañeira nocturna silenciosa, pois non dicía nin chío. Cando quixen volver escribir o relato dos meus soños xa non me lembraba de nada, nin sequera estaba seguro de ter soñado. De súpeto, comezou a chover a mares, asomeime á ventá e non era Sevilla, era Lugo. Xa canso, regresei ao leito, pois cando estaba na cama, sentir chover era cousa que me producía gozo.

Ao día seguinte, ao entrar no meu despacho vin a lámpada acesa e estrañoume porque teño por costume apagar as luces antes de deitarme. Enriba da mesa estaba a miña pluma e tamén unha folla escrita que dicía: "A próxima vez que decidas facer de pantasma procura apagar as luces cando volvas para a cama porque non peguei ollo en toda a noite". E asinaba:
A túa escrava, Parker.

Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES