Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 07 de febrero de 2023
Cea Americana en Molgas

O día 2 de setembro de 1928 ó meu pai quedábanlle 24 días para cumprir 10 anos e miña nai tiña tan só 7. Seguro que aínda nin se coñecían. E seguro tamén que non sabían o que acontecía ese día no balneario de Baños de Molgas. Hoxe, máis ou menos, xa pode ir calquera a un balneario, sexa para "tomar as augas" ou sexa por Pingas de Orballo solaz. Pero se nos anos 60 e 70, na miña infancia, aínda había "clases" na vila molguesa, imaxinade nos anos 20. É dicir, que non ía calquera a tomar as augas ou a gozar duns días.
Por iso o día 2 de setembro de 1928 imaxino á xente de "clase bien" na cea americana que o balneario lle dispensou ós bañistas. Esa cea adoitaban facela polo menos unha vez ó ano. Aínda que tamén é certo que dependía das personalidades que houbese; había anos que se celebraba máis dunha cea. Na dese ano 1928 asistiron unhas certas personalidades que lle deron aínda máis empaque a tal evento; desde o ex ministro Luis Rodríguez de Viguri ata o doutor Roberto Novoa Santos, pasando polo gran empresario Evaristo Castromil, don Virgilio de la Vega e o tamén doutor Manuel Villar Iglesias.
Varias músicas e gaitas do país amenizaron a festa á que, segundo contaron as crónicas, unha marabillosa iluminación facía moito máis fermoso o acontecemento. As cousas ben feitas, ben parecen. Naquela época a iluminación... brillaba pola súa ausencia. Mais xa se sabe, a clase alta merecía esas distincións e máis. Remato coa simulación dunha praza de touros: que o aforo estaba a tope grazas á asistencia de moita xente procedente de Ourense.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES