Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subindo a costa

miércoles, 08 de febrero de 2023
Dicía o gran Serrat que...
Vamos subiendo la cuesta
Que arriba mi calle
Se vistió de fiesta

Fai un mes o cantor de Mediterráneo decidiu baixar por última vez a costa dunha festa que vén de lonxe. Fíxoo de fora a dentro, como unha viaxe de volta que arribou para sempre en Barcelona. A partir de agora fica a obra para deleite universal.

Serrat disque baixou a costa...
Vamos bajando la cuesta
Que arriba en mi calle
Se acabó la fiesta

...e, aínda que non hai motivo para desconfiar, pregúntome se terá en conta que el é un dos autores dunha banda sonora que marca vidas e xeracións. Non só é un cantor histórico, tamén é un cantor intrahistórico capaz de influír incluso no descoñecido. As súas cancións viven en milleiros de vidas. Por iso sempre cantará...

O certo é que pode que Serrat baixara a costa pero as súas cancións seguirana subindo. Pousarán en guitarras innumerables a alancarán por gorxas de emoción porqueelas saben que saíron dun cantor que, sen perder o nome, gañou a eternidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES