Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mollar a gorxa

miércoles, 01 de febrero de 2023
Esta semana é a semana do San Brais e en moitas vilas galegas faranse festas e procesións. Monforte encherase de cintas que procuran protexernos de todos os virus respiratorios. Coido que despois da pandemia este santo e mártir cobrará aínda máis importancia en determinadas persoas que acoden a el ano tras ano.

O caso é que San Brais é unha festa de devotos e tamén de romeiros que aproveitan a primeira festa tras o inverno. Lembro de pequeno, como todos os febreiros chegaban cintas que miña tía Placeres mandaba de Monforte. Despois tiven a sorte de vivilo en primeira persoa, é impresionante o balbordo que hai en Monforte neste día.

O caso é que o San Brais faime reparar na importancia que para min ten a gorxa e a sorte de poder mollar a palabra e transmitir unha mensaxe. Para min, poder comunicar é a mellor das capacidades, quizáis o agasallo máis prezado da natureza. Entón ao mellor é San Brais aquel que tería que elixir se quixera ter un patrón. De momento sérveme para reflexionar sobre o que significa poder alzar a voz como un acto de responsabilidade persoal e cívica.

Neste sentido gústame ver que moitas e moitos da miña xeración, xunto cos novos e cos vellos, celebran o San Brais porque nel celebran a voz, a importancia de poder transmitir as nosas ideas e de buscar todas as canles que nos permitan convivir a través delas. Xente do canto, xente da radio, xente do ensino, comerciantes, xente de lei... Estamos o venres de festa unidos nun único desexo: que non cale a humanidade e que sempre cante o merlo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES