Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 26 de enero de 2023
O obxecto espacial

Nunha desas noites nas que non queda outro remedio que erguerse da cama para ir ó Pingas de Orballo baño, e xusto cando quixen abrir a porta deste, zas, un resplandor iluminou o principio do corredor do meu piso. Xa chegaron! A exclamación saíume así, tal cal e tan rapidamente. En clara referencia, por suposto, ós extraterrestres ou alieníxenas. A ver, tal resplandor ás cinco da mañá é para desconfiar.
Achegueime ata a entrada do piso; non con medo, pero si con respecto. Porque sabía que no moble da entrada (creo que lle chaman recibidor) non temos nada que emita tal luz, tal resplandor. Ó chegar vin que, efectivamente, alí existía un aparato que nunca vira. Despois caín na conta de que xa, nunha tarde, oíra un ruído estraño que ata me asustara un pouco porque me pillara distraído e porque sabía que alí non había nada que metese ruído. Esperei un chisco e o aparato, "o obxecto espacial" (anano, iso si) volveu emitir o resplandor e o ruído. Agora xa sabía que era o causante de tal aventura galáctica.
Cando llo contei a muller ó día seguinte, a condenada partía de risa porque ante as miñas opcións de obxecto espacial ou de adorno de Nadal, confesou que era un ambientador. Así de simple: un ambientador. Que emitía luz e facía ruído. En plena noite. Como para non pensar nos extraterrestres. Eu, tan afeccionado a eles.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES