Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Efémer@s como a neve

miércoles, 25 de enero de 2023
A semana pasada estivo marcada pola prensa rosa, unha canción e un temporal. Quizais, máis alá de incidencias, foi a neve a mellor nova. É moi necesaria e vén paliar tempos de sede que ogallá non volvan pero, por desgraza, volverán...

O caso é que a neve soubo a pouco e sementou (polo menos en min) o desexo de máis porque sei que enche de regalías o ano.

Paralelamente a prensa rosa saltou aos telexornais por unha canción de despeito. A cousa percorreu bares, rúas, oficinas... e incluso intensos debates. A fumeira foi grande pero irase diluíndo. Que quedará despois? Unha conta corrente obscena.

Pois eu prefiro a neve que, de xeito altruísta, silencioso e solidario reparte vida para tod@s por igual.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES