Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A biblioteca

jueves, 19 de enero de 2023
Teríamos que remontármos á República de Roma e aos anos comprendidos entre o 285 e o 246 para atoparmos coa que posiblemente foi a primeira biblioteca nacional, a famosa Biblioteca de Alexandría. Será no século XVIII cando se abren ao público pero tal como hoxe funcionan aparecen no 1873. Isto xa forma parte das páxinas da historia o que non significa que deixemos as bibliotecas arestora ao albur do seu incerto destino. Resulta francamente incríbel que a estas alturas non se contemplen nos A bibliotecapresupostos unha dotación suficiebte para manter con vida a un dos piares da cultura e o coñecemento. Sería importante saber o que pasa pola cabeza dos que teñen responsabilidades nestes asuntos e cales son as prioridades que sosteñen á hora de insuflaren vida ou non a unha entidade tan importante no texido cultural dunha cidade como é unha biblioteca.

Na nosa cidade ao día de hoxe a Biblioteca, a única, permañece pechada pola tarde, algo inaudito e mesmo incomprensíbel. A labor social que unha biblioteca fai é moi transversal ata o punto que resulta ser lugar de confluenza de xente de diversas idades e condicións que acuden a este templo da cultura, ben para ler os xornais, consultar calquera libro ou tamén para levalo en préstamo a casa.

Benjamín Franklin no ano 1731, e volvemos de novo á historia, funda a primeira biblioteca de préstamo: a Philadelphia Library Company. Era unha época na que acceder a un libro non resultaba doado para a maioría da poboación así que pensou que sería práctico crear un lugar onde en principio intercambiar libros ou quedar depositados e mediante unha pequena cuota os "socios" podían temporalmente levalos a casa. Este sistema prevalece hoxe pois, salvando a distancia no tempo, arestora hai xente tamén á que non lle resulta doado mercaren libros e teñen na biblioteca a ágora onde satisfaceren as inquedanzas culturais que proporciona a lectura. Xa que logo a Biblioteca representa un servizo público moi importante e como tal hai que conservalo. Cabe esperar que o peche polas tardes non viñera para se quedar: Hai tempo que o persoal da biblioteca lida con circunstancias adversas sen que ata o de agora atoparan solucións as suas reivindicacións que tamén son as dos usuarios da mesma. Non se pasan partidas de diñeiro duns departamentos a outros cando é preciso? É de todos sabido que na Biblioteca é necesario máis persoal. Botarlle a culpa deste déficit ao diñeiro non é unha escusa socorrida, pechar a Biblioteca polas tardes, na praxes do ou iso ou nada, tampouco, e deixar pasar o tempo espeando que o desleixo solucione o problema, unha temeridade na xestión política.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES