Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'A gaita do Courel está de luto'

lunes, 16 de enero de 2023
Hoxe a gaita de O Courel non invita a bailar unha muiñeira nunha foliada ou romaxe. Hoxe o seu son é de fonda tristura porque un mestre de gaiteiros, un poeta e compositor, un verdadeiro construtor da cultura popular de Galicia, Xesús Galán, deixou de tocar nesta vida a partitura do enxebre, da tradición. Unha persoa rica no más grande e nobre, o único que debe ambicionar o ser humano, os valores, e el os compartía con todos/as, dada a súa bonhomía.

Xesús Galán, un deses moitos galegos que tomaron fai a noso camiño da migración, abandoando O Courel e a súa aldea natal Piñeira, en Seoane, e levando na súa peitoral maleta o viático máis fermoso, o inesquecible amor pola súa terriña.

En Cataluña formou unha familia, creceron os seus queridos fillos pero, ainda que, coma pai responsabel do deber e o compromiso cristiano que entraña sacar adiante a eses seres queridos, non soamente nas necesidades básicas; sempre tivo tempo para, con modestia e xenerosidade, propagar a grandeza da súa Galicia. Foi un construtor de galeguidade e para iso cada un dos galegos usan o singular material que teñen. El o atopou na súa preocupación e amor pola poesía e a música. Os centros culturais galegos en Barcelona ben pode dar fe de que por moitos deles pasou Xesús Galán acompañado da súa inseparabel gaita pero, Xesús, coma as persoas amantes do cultural, tocan dende a súa alma para os demáis por iso, esas pezas musicais que facía soarían destinadas para remover en pequenos e maiores os fondos sentimentos. Nos raparigos ensinándolles a que amaran a terra dos seus país e avós; e nos adultos facendo que non esqueceran o mérito de ser galegos.

Xesús ensinou a moitos mozos/as a non ser soamente gaiteiriños, ensinou a que coas súas notas fosen salvaguardas e defensores da tradición galega.

A gaita é enseña dunha raza e, o gaiteiro e o sementador da grandeza dos pobos facendo que morriñas e saudades sexan nexo e vínculo entre a terra e os seus fillos.

En paz descanse quen en paz sempre viviu, Xesús Galán. A gaita seguirá soando nese filandón de O Courel, onde el era asiduo participante. Cando chegue de novo primeiros de Agosto o amigo Xosé Luis Foxo levantará o telón desa edición nesa contorna bucólica, a vella Ferreira na que sempre, al igual que os outros que, edición tras edición eiqui estiveron, ti cando soe a primeira gaita estarás no noso corazón como naquela data na que comezou este encontro de músicos e poetas da que é alma mater Xosé Luis Foxo.

Xesús Galán, mestre, divulgador coa súa poesía e a música da grandeza deste Courel amado, berce de Uxío Novoneyra, lar de adopción de María Mariño, sempre serás recordado porque persoas da túa talla son inesquecibles e non digo isto polo teu corparrón físico é, polo teu inmenso corazón de galego.

Gracias por estar o meu carón axudando nestas múltiples actividades que fixemos os Poetas da Ribeira Sacra na que ti serás sempre un membro de honra.

Non morre da nosa vida quen sempre é lembrado porque as súas pegadas quedan imborrabels nos fermosos montes deste Courel de soutos de castiñeiros e xestas onde a gaita sempre terá gaiteiriños/as que toquen, pastores e pastoras que saben coidar este rabaño de montes que nunca devorará o peor lobo, o esquecemento das tradicións.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES