Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 19 de enero de 2023
Opcións

Estudei a opción de marchar para a costa e tirarme ó mar. Desistín porque afogaría e deixaría de escoitar o ruído das ondas. Se afogo, a algúns ata poida que lles iría ben, por iso optei por non ir e así poder amolalos un pouco.
Estudei a opción, antes de entrar nunha cafetaría calquera, de tomar tan só un café. Optei por dúas augas... a Pingas de Orballo ver se con elas afogaba. Non afoguei pero si me enchín. Un pouco máis tarde houbo que alixeirar, descargar. O corpo humano ten que andar ó ritmo de todos os días. O meu ritmo diario é de cafés e non de augas. Din que a auga cría ras.
Estudei a opción de botar a correr. Quedei na cama, que, coa xeada que estaba caendo, estábase na gloria. É de parvos saír ó frío sen ter por que. Si, certo, hai a opción de erguerse e non saír á xeada, percorrer a casa dun lado para o outro, dun recanto ó outro. Para que? Coñezo todos os seus recunchos, todas as súas esquinas. Na cama tamén teño a opción de soñar... esperto e durmido. Seguín na cama.
Estudei a opción de cantarlle as corenta ós que van de chulos pola vida. Non procedía porque non son quen para meterme en danzas. E tampouco quería axitar o poleiro. Optei por asubiar a Negra sombra de Rosalía, que quedaba moito máis bonita e sentimental. E mentres asubiaba acochaba máis e máis entre as mantas. Agora que cada quen opte polo que queira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES