Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 18 de enero de 2023
A Caixa de Pandora

Caín coma un inocente, coma un neno, coma un inxenuo. Dixéronme que me metera na caixa de Pandora que, no fondo, atoparía a esperanza. Nin arriba, nin no medio, nin abaixo. Alí non había nada. A caixa estaba completamente baleira. Incluso cheiraba mal; a pechado. Abrina e pecheina varias veces por se aquel; con cadeado e sen cadeado. Nada. Sempre baleira. Enganáronme como me enganaban no día de Pingas de Orballo Reis... deixa as chancas no balcón que ó mellor cae a bicoca. O que caía era unha xeada sobre elas que as deixaba máis duras có aceiro.
Ante todo iso xa non sei que é peor: se a inocencia ou a esperanza, se a ilusión ou a inxenuidade, se a verdade ou a mentira. E non sabendo de fixo, optei polo máis sinxelo, polo máis natural: que para que a caixa de Pandora non criase máis poeira, máis voaxa, e xa que non tiña intención de enchela con soños, nin sentimentos, nin rabo de gaitas, collín unha machada e fíxena cachizas. Polo menos servirame para prender o lume. Que nesta época na que estamos vale máis unha calorciña que un afán ou devezo inexistente e imposible.
Agora pasará o de sempre, que esperarei a caer de novo en algunha inocentada imposible. Porque a pesar dos pesares, e por moito que diga, as miñas ilusións, as miñas esperanzas non se dilúen, non se esfuman, non devecen, non minguan. Se non busco na caixa de Pandora, buscarei na arca dos anhelos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES