Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 13 de enero de 2023
Saíndo do cubil

O medo é libre e a hipocrisía, moita. Moitos rosmaban, esbardallaban e negábanse ás últimas vacinas contra a Covid. Agora, como semella que pode volver unha nova onda desde China, o número de persoas que piden tal vacina aumenta nun 25%. Ai logo! Non vaia ser o demo que... Cando nos apertan as costuras, non perdemos un segundo en actuar.
A algúns non fai falta apertalos para sacarlles a realidade que levan dentro. Eles Pingas de Orballomesmos, cun pequeno empuxonciño, soltan a súa auténtica forma de ser. Como a dun concelleiro do Partido Popular de Cabanillas do Campo, en Guadalaxara, que na celebración da Noitevella acabou cantando o famoso e maldito Cara ó sol, é dicir, o himno da Falanxe. Ó final, máis tarde ou máis cedo, por unhas cousas ou por outras, acaban saíndo do cubil, acaban descubrindo a súa personalidade.
Tamén os hai que tal realidade ou personalidade non a esconden. Como é o caso do propio alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, fachendoso el de ser admirador de Franco, de Hitler e de Mussolini, a Santísima Trinidade dos dereitos humanos. Mesmo reivindica unha rúa na capital do Imperio dedicada ó militar franquista, o xeneral Millán Astray, que, por certo, tamén era admirador de Hitler.
Se eu, agora mesmo, reivindicara nos meus escritos a eses personaxes, seguro que me detiñan por apoloxía ó terrorismo, á exterminación e ó que cadrase. Pero como é o alcalde de Madrid, como moito, soltamos unha pequena crítica e que a vida siga. Pois iso, que a vida siga.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES