Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 11 de enero de 2023
Por unha simple mancha

Pisei sobre a alfombra vermella do corredor. Mancheina. A muller berrou. Fuxín. A ninguén lle gusta escoitar os erros que cometemos, por moito que digamos que si, que nolos digan para corrixilos. Así é que fuxín. Non tardei en atoparme cunha parella da Garda Civil. Víronme cara de ferreiro, ou o que é o mesmo, cara de delincuente e fixeron o xesto de quererme prender. Fuxín ás carreiras, coma un foguete.
Fuxín polas carballeiras do inferno e polos ríos do tempo. Ó pouco fun dar cunha Pingas de Orballo manda de lobos, dos que dous ou tres amosáronme os dentes. Entenderedes que fuxira. Os momentos das heroicidades eran de cando a esaxeración queda bonito nas frases dalgúns relatos. Fuxín polos montes arriba e abaixo, polos ríos grandes e os regatos, por entre toxos e carballos.
Para descansar un pouco de tanta fuxida, subín a un amieiro ben alto, con tan mala fortuna que, arriba, nas derradeiras gallas, había un niño de velutinas. Non tardei en baixar a fume de carozo. É dicir, que fuxín. Metinme baixo as augas do río Arnoia para que as abellas pasaran voando. Pero tampouco tardei moito en fuxir. En fuxir da auga, se entende. Porque afogaba.
Fuxín durante días e noites. Fuxín polos eidos da nostalxia e polas poulas dos devezos, polas cataratas dos ruídos e polos outeiros do silencio. Subín a unha nave espacial e fuxín polo Universo. Todo por culpa dunha simple mancha na alfombra vermella do corredor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES