Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eso esperamos

jueves, 12 de enero de 2023
Xa pasaron as festas nadalencas, xa quedaron atrás as luces, os turróns, os encontros familiares, as vacacións escolares...
Toca empezar con optimismo e actitudemoi positiva este ano 2023.

- Segurísimo que todos nos desexamos un ano 2023: próspero e feliz.

- Segurísimo que queremos que acabe todo tipo de guerrase todo tipo de violencia.

- Segurísimo que desexamos que os nosos gobernantes acerten á hora de gobernar.

- Segurísimo que todos desexamos que mellore a nosasanidade pública.

- Segurísimo que desexamosunha boa educación para a nosaxuventude.

- Segurísimo que todos queremos ter mellor capacidad adquisitiva.

- Segurísimo...

Claro que si: TODOS DESEXAMOS UN MUNDO MELLOR.
E o mundo mellorará coa axuda de todos.
E todos podemos contribuir de moitasmaneiras.

- Con relación ó remate das guerras que hai no mundo, pode que non poidamosfacer nada como non sexa rezar (os crentes) para que Deus ilumine esas mentes que non pensan nada máis que no poder a costa de sangue inocentee do sacrificio de moitos.

O que sí podemos e debemos facertodos é velar pola paz no entorno que nos toca vivir: no seo da familia, entre o vecindario, entre os dun mesmo país.
Neste campo xatemos abondo que facer, empezando por ter paz cada quen consigo mesmo e irradiándoaós que nos rodean.
Todos podemos ser portadores de paz.

PODEMOS SER PORTADORES DESE BEN TAN PREZADO.

- E para que os nosos gobernantes acerten a gobernar:temos que ser moi cautos, poñer os pés no chane usar o sentido común.
Os gobernantes, gobernan; pero cada quen ten que sacha-lo seu pan con esmero e suor. Os gobernos administran pero non regalan nada.

- E para mellorar a sanidade pública podemos colaborar levando unha vida saudable.
Se non cometemos excesos, gozamos de mellorsaúde, abreviamos gastos e contribuimos áunhamellor atención nos casos de máisnecesidade.
Trátase de administrar o mellor posible os medios que temos; sabendo agradecer a gran riqueza que é a sanidade pública da que disfrutamos.

¡CANTOS PAÍSES A QUIXERAN TER E NON A TEÑEN!

- Tamén é de xustizaquerer unha boa educación para a nosaxuventude porquenela descansa o futuro; pero...
A EDUCACIÓN EMPEZA NA CASA.
Se a casa educa como é debido, o profesorado pode facer o seutraballo de instruír para complementar a educación do fogar.
Pero a casa é a casa e a escola é a escola.

DO MESMO XEITO QUE A ESCOLA NON PODE DELEGAR NA FAMILIA A INSTRUCCIÓN; TAMPOCO A CASA PODE DELEGAR NA ESCOLA A EDUCACIÓN.

Tampouco a familia pode delegar naIgrexaCatólicaa educación na fe das familias crentes.
A educación na fe, mámasena casa; a IgrexaCatólicaGUÍA O POBO DE DEUS; pero non sustitúe á familia.
O mesmo pasará con outrasrelixións...

Hoxe en día, tal como está estructurada a sociedade, a familia tenomoi difícil; pero non pode desfalecer.

SE A FAMILIA DESFALECE, A SOCIEDADE DERRÚMBASE.

E claro que queremos que nos suban o soldo; pero empresarios e traballadores son as dúas caras da mesma moeda: un non vive sen o outro. Deben ir unidos.
Coa colaboración de todos, esperamos que 2023 sexa un ano prometedor.

"ANO PROMETEDOR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitasgrazas pola súa valiosa colaboración e por termenasúa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES