Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 10 de enero de 2023
Un accidente

Teño que andar para atrás. Si, xa sei que moita xente anda ás veces un pouco para atrás. Quen non deu uns pasos atrás na súa vida?; e non só pasos de baile. Eu teño que andar para atrás xa para sempre. Tiven un accidente co burro e reviróuseme o pescozo de tal maneira que ningún doutor foi quen de volvelo ó seu sitio.
O accidente foi algo estúpido, algo esperpéntico pero, como se ve, moi grave. O Pingas de Orballo burro corría a unha velocidade tal que nunha curva da carreira dos Poulos derrapou contra unha parede e eu saín despedido con forza para dar un bo trompazo contra esa mesma parede. Menos mal que non tardou en pasar por alí Gumersindo, O Capador, que axiña chamou ás asistencias.
Xa dado de alta do hospital, quixen probar de andar de forma normal, ou sexa, cara á adiante, pero claro, esnafrábame contra todo. Porque non vía. E non podía torcer a cabeza. Non me quedou nin me queda outra que andar para atrás. Éme complicado pero é o que hai. Cada vez collo máis experiencia e noto como os pasos son máis rápidos e máis seguros, máis firmes. O esencial é a seguridade, xa que a rapidez... Chegoume ben como era antes, que me chamaban O Apresurado. Ó principio tal seguridade era tan pobre que máis dunha vez pensei que, ó mellor, cun golpe dos que levaba, a cabeza volvía á súa posición. Non houbo maneira. Agora eu ando para atrás e o Gervasio anda cunha pata rota. Accidentes que se atopa un polo camiño da mala sorte.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES