Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 06 de enero de 2023
A Visita

Case todo o mundo dicía, opinaba e incluso se alporizaba comentando que a luz que brillaba alá na distancia, alá na ladeira da serra de San Mamede era a luz do sol que reflectía nun cristal. Eu sabía que non. Porque tal reflexo tamén se vía polas noites. Eu polo menos víao desde a Aira de Arriba de Baños de Molgas. E non todas Pingas de Orballo as noites. O motivo non sei cal era. Alguén poderá pensar na bombilla dunha casa e que algunhas noites estaría apagada. Dáse o caso que alí non había tal casa. Que alí tiña que haber algo máis que o simple reflexo dun cristal.
A mellor forma de sabelo era indo alá. Para alá marchei, sen perder de ollo a localización, o lugar. Sabía que cruzando o monte Medo perdería por moitas veces tal reflexo, tal luz, tal faro, tal brillantez. Non sei por que (quizais porque sempre fun algo fantasioso, galáctico, espacial), pero de camiño xa fun pensando en algo de fóra de aquí. Si, en algo extraterrestre. A ver, por que non?
Cheguei medio esgotado de tanta subida. Pero cheguei. E aquilo de "pensa mal e acertarás" foi coma o tiro ó pombo: que atinei á primeira. Alí estaba; unha nave espacial con forma de formigoneira e que facía exactamente igual que esta: daba voltas e máis voltas. Mirei, examinei, busquei, pero nada vin. Seguro que o tipiño, digo o alien ou extraterrestre estaría tamén a vixiarme. Regresei a Baños de Molgas coa certeza de que alguén nos visitara.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES