Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As sandalias do pescador

miércoles, 11 de enero de 2023
Finou Joseph Ratzinger, o papa Benedicto XVI. Un auténtico intelectual polémico que soubo ser coherente cos seus valores. Agora, con toda a obra feita, vaise e pon a dispor de Deus un legado que a historia tamén acollerá, preservará e valorará dende distintas perspectivas. O caso é que durante 8 anos foi papa e durante 9 levou unha discreta vida como emérito.

Neste tempo quedou claro que a igrexa, como a humanidade, ten varias almas que intenta equilibrar no seu longo camiñar por unha historia cuxo tempo patrimonializou. As sandalias do pescador (The shoes of the fisherman) de Michael Anderson (1968), ten como protagonista a Kiril Lakota (Anthony Queen) arzobismo ucraniano liberado polo réxime soviético.

A longametraxe ten dúas partes ben diferenciadas: a morte e a sucesión. Na primeira describe o que estes días vemos nos medios: clausura das estancias papais, embalsamamento, destrución do anel do pontificado, as nove absolucións ou as tres caixas de ciprés, chumbo e piñeiro.

A sucesión, amosa o que nunca vemos: o conclave por dentro e a tensa espera da elite do mundo. Dentro tamén hai tensións que derivan das tensións do mundo. Así, os purpurados, falan de revolución e se a violencia é xustificable en determinadas situacións.

Quizais estas discusións acheguen á igrexa aos seus fieis, quizais sexan o alicerce preciso para ancorar á igrexa ás realidades que lle son propias.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES