Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasando de política

martes, 03 de enero de 2023
Foron días crispados na política nacional; tranquilos en Lugo. En oficinas, na educación, no tráfico; maiores e nenos, vivimos xornadas normais, axustando a vida ao ritmo que marcan idades, estacións, traballo ou lecer, sen o entusiasmo que alborotou Brasil nin ao arrepío que arrebatou o panorama xudicial, político e social do Estado.

No que parecen poñerse de acordo nas alturas da nosa sociedade é que vivimos unha crise política de gravedade inédita na democracia, na que o Goberno toma decisións que parecen á carta para grupos afíns, e o Partido Popular pon os obstáculos posibles, mesmo recurrindo ao Constitucional, que paraliza o xogo político para clarificar a situación.

Nas alturas do poder crúzanse argumentos e insultos, arden as Redes, encéndense os ánimos... pero a vida no país segue como se nada diso interesase, e as preocupacións ostensibles van do Euribor ao custo da vida; das vacacións de Nadal á posible retracción económica. Se o problema altera aos políticos, a nivel popular pasa desapercibido. E o Rei, con sentidiño, advirte sobre o tema, pero non a gusto de todos.

Imos ter que aprender do fútbol: España, eliminada por Marrocos no turno de penalties... Arxentina gañou a penalties o Mundial. E a todos parece xusto, sen pensar se quen tira os penalties é progresista ou conservador. En cambio, no Constitucional, os conservadores por un gol (un voto), gañaron un partido no máis alto, porque para un conservador e un progresista a mesma Lei non di o mesmo.

Ou o futbol está máis asentado ca a política, ou a política ten invadido campos que non lle pertencen. Mentras, os cidadáns pasamos da política e dos políticos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES