Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 06 de enero de 2023
O peor día do ano!

Dicir Ano Novo é dicir esperanza, é dicir ilusión, é dicir alegría. Eu digo que é o peor día do ano! E con moita diferenza. Se trouleas a noite anterior (que a maioría troulea), o día 1 de xaneiro levántaste tarde, mal e nunca. Alá vai medio día perdido. Logo, hai familias nas que uns se levantan e outros non. O que significa que "a gran comida" do día máis ilusionista nin é xantar nin é nada. E os que comemos, que é o que comemos? As sobras da Noite Vella! Pero como tampouco hai moitas ganas de Pingas de Orballo comer (lembremos que nos erguemos da cama moi tarde), esas sobras seguirán sobrando ata a fin dos tempos.
Logo, para máis aquel, apareceu o día que apareceu no primeiro día do 2023: que non deixou de chover desde o ano pasado. Empezou a chover aí sobre as seis da tarde do derradeiro día do ano anterior e aí segue. Dez horas e cuarto máis tarde segue dálle que dálle, cae que cae. O peor día do ano!
Queda aínda o máis bonito, é dicir, o máis esperpéntico: que onde tomas un café? Entre que caeu en domingo (e moitos bares pechan xa en por si os domingos) e entre a festa que é... hai que percorrer case toda A Valenzá para atopar algunha cafetaría aberta. O paseo non mo quita ninguén, pero que me quiten o café, iso si que non, eh. Iso son palabras maiores, ou sexa, inconvenientes enormes. Grazas a Deus encontrei un e xa estou algo máis contento. Pero o día 1 de xaneiro, o día de Ano Novo, o día dos grandes desexos, das grandes ilusións e das grandes esperanzas... é o peor día do ano!

Buscando algo

Busca e encontrarás. Non sempre. Farteime de buscar e non atopei o que buscaba. Buscaba algo. Por unha rúa máis longa que os días de maio e volvín coas mans baleiras. Case fun deica o infinito e máis alá e ese algo brillou pola súa ausencia. Andei un paso detrás doutro, andei un minuto detrás doutro e andei mentres escoitaba un tema musical detrás doutro. E nada de nada. Nada do que eu buscaba, claro. Porque en toda esa rúa que semellaba que non tiña fin, non atopei ese algo.
Pingas de Orballo Cansado xa un pouco, deixei que a imaxinación buscase a maiores algunha outra cousa. Dábame igual o que. Sei que cheguei a buscar corvos que, na cidade, non é que abunden moito. De esguello buscaba matrículas que acabaran en 5, por exemplo. Buscaba recordos na miña memoria que, eses si, asomaban a esgalla, a darlle cun sacho. Por certo, mesmo cheguei a buscar sachos colgados en algún escaparate. Son moito de sachos. Quizais porque sufrín a causa deles. E o masoquismo está nun.
Ó final, o esencial, aquel algo que buscaba non apareceu. Polo que rematei buscando ó propio demo. Que este si axiña asomou. Estaba en min. Xa que empecei a esbardallar a máis non poder. Contra ese algo que non apareceu e contra esa impotencia que me venceu. Seguirei buscando. Noutra rúa máis longa. Seguro que ese algo o atopo na rúa máis curta. Seguro. Case é lei de vida.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES