Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 03 de enero de 2023
Moitas Desgrazas

Non sei quen me chamou por teléfono, pero fíxoo de forma angustiada e berrando máis Pingas de Orballo que falando: que me achegase inmediatamente a Baños de Molgas porque aconteceran, non unha, senón moitas desgrazas. E colgou. Non me deu tempo a que me dixera polo menos algunha para ir un pouco preparado. A verdade é que pensei en mortes, mesmo en algún atentado, por aquilo de que se pode dicir que son o detective privado ou o investigador oficial desa vila e do seu concello.
Collín o meu Pancracio e púxenme ó camiño. Aceleróuseme un pouco o corazón cando, desde A Rabaxoá, non vin a torre da Igrexa de Baños de Molgas. E tiven que aparcar xusto onde a ex Cámara Agraria porque tamén vin ó momento que desaparecera a Ponte Nova. O asunto xa me deu que pensar. E tanto! Tampouco existía o Balneario!
Botei a correr pola rúa Claudio Movilla e o que xa me temía: que a Ponte Vella fora ó carallo. Tampouco había Burga! Volvín para atrás para goldrar o Arnoia á altura da Pitediña, que por aí leva menos auga. Subín correndo para o meu barrio e, a maiores de que desaparecera a Igrexa, tamén desapareceu a Aira de Arriba coa súa Fonte.
Seguín percorrendo Baños de Molgas e intuíndo xa que non habería Estación do ferrocarril, nin o Parque do Pote, nin a Ponte das Cepas. Efectivamente, non había. Na explanada da Estación vin restos que adoitan deixar as naves espaciais. Souben ó momento que ós símbolos, ós emblemas da miña vila os "abduciran".
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES