Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na UCI tamén é Nadal

miércoles, 04 de enero de 2023
Veño de ver un fermoso vídeo no perfil de Youtube de Belén Caseiro. Leva por título: "Nadal 2022 UCI HULA. Mensaxe de paz". Son 5 minutos e 45 segundos de ilusión nos que o persoal deste hospital (vestido de elfo) decide repartir ilusión.

Como se sabe, a ilusión é emocional pero, cada vez máis a medicina ten claro que a complexidade do ser humano impide separar o físico do emocional. Dende a mesma comunicación do diagnóstico (a medicina de hoxe en día aposta por ser franca coa persoa) ata as posibilidades de recuperación o ánimo da persoa xoga un papel fundamental.

Se nos situamos nunha Unidade de Coidados Intensivos, hai que ter en conta que a persoa pode perder a noción do tempo, xa que está nun lugar invariable e carece de parámetros para diferenciar mañá, tarde e noite; co correspondente desfase no almanaque...
...sei de persoas que fixeron auténticos esforzos por manterse ao día nunha realidade fixa e implacable. Por iso sei que estes 5 minutos e 45 segundos de ilusión teñen un valor que fuxe de calquera medida e, de aceptar algunha, non podería ser outra que a aceleración dos latexos no corazón da infancia.

Estou seguro que isto colma almas pero eles piden que nada lles quite o desexo de velar pola saúde.

Eu pido, tamén, que a filosofía poderosa de ilusión que ten o equipo UCI HULA se espalle por todos os recunchos. Elas, eles, profesionais da sanidade, saben devolvernos futuros que semellaban tronzados.

Avante sanidade pública.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES