Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 29 de diciembre de 2022
Estaba de ser

Uns din sorte, outros din casualidade, algúns falan do destino. Eu digo que as cousas foron como foron, son como son e serán como serán. Así digo todo e digo ben.
No verán de 1965, máis en concreto, no mes de xullo, dúas familias do concello de Baños de Molgas andaban coas vacas no monte, pero non no comunal, senón en fincas propias. Unha vaca dun dos veciños quixo pacer, como non, na leira do outro. Este, por lóxica, quixo tornala, e para iso colleu unha pedra pequena e lanzoulla ó Pingas de Orballo animal. E foi aí cando asomou a mala sorte, a maldita casualidade e o nefasto destino: a pedra golpeou sobre a cabeza de José Manuel Correa Prol, un cativo de catro anos e fillo da outra familia. O golpe foi de tal envergadura que lle fracturou a bóveda do cranio, xusto na rexión frontal esquerda, e o seu estado era grave.
As crónicas da época non din nada máis, pero confío e case estou seguro de que saíu adiante no sanatorio ourensán do doutor Raposo Lence. E lembro que tal crónica viña detrás doutra na que, en Loña do Monte, e tamén a un neno de dez anos un carro das vacas lle pasou por enriba para causarlle a rotura dun brazo, unha lesión pulmonar e rotura de varias costelas.
Hai que ter sorte na vida? A realidade é a que é, é dicir, que as cousas son como son. Se non estiveran alí os nenos... Pero estiveron. Se o home non lanzase a pedra ou se esta lle dese á vaca... Pero deulle ó neno. Estaba de ser. Así de sinxelo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES