Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un día libertino

miércoles, 28 de diciembre de 2022
Hoxe é un día libertino. Un deses que figura no calendario relixioso e un non entende moi ben a falta de seriedade que o acompaña. Coido que o calendario católico comprende que o xénero humano necesita un tempo de desafogo e por iso se introduce don Carnal como preludio da Coresma. Non en tanto, os santos inocentes, son a memoria daqueles menores de dous anos masacrados en Belén pola orde de Herodes. Deste infaticidio xorde un día como xa dixen libertino que nos serve para xogar co noso entorno e facer trasnadas.

Son moitas as anécdotas xurdidas neste día, especialmente no mundo rural, que celebraba nel e no Entroido unha liberdade prohibida e case utópica. O que máis chama a atención deste día é que ningunha ditadura foi quen de sometelo. O mesmo pasou en parte co Entroido a pesar de que, sobre todo nas cidades, foi reprimido. O caso é que a libertinaxe parece consubstancial ao xénero humano e a natureza tarde ou cedo agroma nas actitudes e no carácter.

Hoxe os santos Inocentes significan riso, humor e convivencia mutua. Quizais un día para facer as trasnadas que nunca puideron aqueles meniños masacrados por Herodes.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES