Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esta néboa sentimental

lunes, 26 de diciembre de 2022
Esta nboa sentimental Xa se pode dicir que estamos en plena celebración das festas de Nadal. Estas son unhas festas das que presumimos un pouco de certo sentimentalismo e moita bondade. Cara á galería, por suposto. A realidade amósanos o de sempre, o de todos os días. Como que as denuncias por violencia machista na nosa comunidade creceron un 14% no terceiro trimestre deste ano. É dicir, que en vez de diminuír, aumentan. Algo falla. Si, o mal é de quen o comete; pero as administracións tampouco axudan moito que digamos.

A violencia machista aumenta, como aumentan as execucións públicas en Irán e tan só coa intención de aterrorizar ós disidentes. Moito coidadiño, ó ler a frase, con esbardallar tan só contra o réxime irano (que si merece iso e máis) cando nós, non hai moito, enchemos as cunetas con "disidentes republicanos e do que cadrase". Ante isto, hai certas situacións nas que a política internacional tiña que tomar cartas no asunto e non deixar que algúns países discriminen e asasinen a esgalla, a carradas.

Tamén é certo; quen confía na política? Moi pouquiños. A proba é que nunha enquisa que se realizou non hai moito, os españois ven ós políticos coma o sector máis corrupto. E ben sabedes aquilo de que cando o río soa, auga leva. Xa está dito todo.

Non pensedes que tal corrupción se debe tan só ó noso país (que, por certo, hai moita, demasiada); aí está o xa chamado Qatargate, que, se se investiga a fondo, seguro que acaba fundindo á propia Unión Europea. E isto tan só co que sabemos. Sinceramente, e aínda que se fundise por completo a Unión Europea, gustaríame saber Esta néboa sentimentaltodas as corruptelas que se levaron a cabo pola celebración do xa rematado Mundial de Fútbol no país qatarí.

O sentimentalismo do ser humano nestas datas tan "entrañables" é como esa néboa que asoma no horizonte, que, si, moi bonita paisaxe, pero que non deixa ver máis alá desa estampa ficticia. Esa néboa sentimental tapa a realidade dura, bruta e manchada de xenreira. A postal que amosamos do Nadal é exactamente igual a eses alumeados das cidades, que están precisamente estes días tan en voga; moi brillante, moi iluminado o centro, pero no alfoz, nos arrabaldes axiña nos atopamos coa "escura realidade".
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES