Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

(Non) carril bici

lunes, 26 de diciembre de 2022
Desde a miña fiestra ollo un bo anaco de rúa modificada sustancialmente coa supresión de aparcamentos por un (non) carril bici para bicicletas do futuro. Leva meses construído -vin unha vez un ciclista- pero tomámolo a broma, e raro é o momento en (Non) carril bici que non se aproveita para outros fins. Intuimos que é un carril bici porque cada poucos metros tiña pintado un ciclista.

Pero unha noite observo que xa non están eses sinais, senón outro símbolo, que primeiro coidei fose unha árbore frondosa pintada encima, co que podería pensarse que alguén opinaba que mellor era nesa vía plantar árbores ca inventar ciclistas. Pero unha visita ao lugar permitiume ver que os ciclistas foran tapados con brochazos de pintura para ocultar o símbolo que se pretendía para a rúa.

Non se sabe se alguén tomou a xustiza pola man e decidiu que non tiña sentido unha vía vergonzante, que despois de expropiala aos habitantes da zona ninguén utilizaba, aínda que a violencia artística non solucione nada. Hai tamén a posibilidade de que os tachóns os fixera persoal do concello porque alguén con mando decidise facer "borrón e conta nova" do desastre, en tanto cavilan que facer co que xa non ten remedio.

Cábenos o triste consolo de que están peor na Ronda dos Deportes que para coexistencia entre os xeitos de circular, teñen en paralelo beira-rúa, carril bici e aparcamento, nunha toleada circulatoria que obriga a advertir aos que aparcan o coche que coiden ao abrir a porta de non cargarse algún ciclista (que non hai).

Por se acaso, de cando en cando, asómome á fiestra por se vexo algún sinal de vida no que coidamos segue a ser un (non) carril bici.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES