Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rostros da Memoria na Vila de Mugardos

martes, 27 de diciembre de 2022
"Rostros da Memoria" é unha exposición fotográfica de personaxes da nosa contorna aínda vivos que participaron na recuperación das liberdades nun tempo realmente comprometido e por cuxo motivo padeceron sistemática represión. A exposición é obra do fotógrafo Xurxo Lobato e no seu percorrido andou por oito vilas entre elas Mugardos. En sete delas cumprindo os seus prazos, agás en Mugardos onde desapareceu denantes da data prevista da súa clausura sen que houbese unha explicación ao rspecto, e xa que logo algúns sen levantaren moito a voz preguntaron por qué.
Rostros da Memoria na Vila de Mugardos
Eu cheguei a pensar que posiblemente a causa fora o inapropiado lugar para instalala; unha recreación dunha aldea dos "pitufos", montaxe lúdico-festivo moi axeitado para desfrute dos meniños da vila e nada idóneo para abeirar os "rostros da memoria". Pero polo visto alguén pensou que ambas as dúas cousas eran compatibles; craso erro, baixo o meu modesto punto de vista. De aí, pensei, que logo de reflexionar decidiran buscar outro lugar más axeitado. Pero parece que non foi iso, consistiu nunha retirada sen nota previa que explicase os motivos da cancelación anticipada da exposción. E isto da pe para faceren conxecturas.

Esta mostra foi patrocinada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol o que induce a pensar que Mugardos, como membro desta entidade, formaba parte neste patrocinio, e con todo foi o único que a retirou da circulación antes do tempo comprometido cos organizadores. Sen non se estaba de acordo co argumentario da mostra, cousa perfectamente asumible dadas as circunstancias, mellor sería non terse comprometido. Sen ir máis aló da simple curiosidade, gustaríame atopar unha explicación convincente a esta decisión para non deixar a cousa a o albur das cábalas.

Unha cousa está clara: a decisión de retirala foi tomada dende o Concello pola razón que fose, que sí viría ao caso, pero non se manifestou. Entón podemos ir as suposicións, por exemplo: a) era esta unha mostra incómoda?, b) podería esta exposición quentar os ánimos de algúns como para decidir precipitadamente a súa retirada?, c) sería esta un elemento de división entre a veciñanza? Supostos que non se deron nas sete vilas onde denantes estivo e cústame crer que en Mugardos si. Si a resposta a algunha destas cábalas fose SI pois non pasaría nada agás darmos por enterados e logo que cada un opine o que considere oportuno. O silenzo as veces é cómplice das decisións erradas. Dicir por qué se toma unha determinación é praxes recomendable sempre, máis cando se trata dun tema que pode levantar certas conroversias como é o da "Memoria": depende da cor do cristal con que se mire. Manifestalo o é sen dúbida para a limpeza democratica. Refrescar a memoria e agradecer a aqueles que andaron na procura de saír da "longa noite de pedra" cun custo alto para as súas vidas, debérase ver coma un acto de recoñecemento e xustiza.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES