Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 28 de diciembre de 2022
Ai logo!

Cando estaba a punto de cruzar desde a Pitediña para o monte de Pinouzos de Baños de Molgas, xusto ó outro lado da ponte vin a Darth Vader coa espada láser suxeita coa súa man dereita. Non se cortou un carallo; axiña me berrou que me pasase ó lado escuro. Como eu tamén son de moito berrar, berreille que antes me subía á Perla Negra, que estaba un pouco máis abaixo, onde as augas do Arnoia estaban Pingas de Orballo máis calmas.
Eu tiña que cruzar. Estaba ansioso por botarlle unha ollada ó escudo do Real Madrid (eu, que son antimadridista) que un paspán esculpira nun penedo alá polo ano 1976. Tiña que cruzar e Darth Vader non era quen de impedirmo. Como el tiña a espada preparada; a min non me quedou outra que preparar nun amén a metralleta que levaba colgada do pescozo. Por se aquel.
Pouco a pouco achegueime ó galáctico ese, ó mesmo tempo que pensaba que ben puiden subirme á nave Nostromo e que fose o alien o que choutase ó lado escuro ou que corroese a máscara de Darth Vader. Agora xa era tarde. Agora xa cruzara máis da metade da ponte de Pinouzos. A partir de aí, en cada paso que daba, o malo da película facía o mesmo. Os meus pasos eran para adiante e os del para os lados. Víase que me tiña polo menos respecto. Ai logo! E cando xa me crucei con el, mirámonos de esguello e cos nervios en tensión. A cousa non foi a maiores. Crucei e Darth Vader perdeuse pola carreira dos Poulos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES