Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 23 de diciembre de 2022
Lume ós chourizos

Estou preñado de melancolía porque lle puxen lume ós chourizos. Eu, que non fixen a matanza. Que son vexetariano. Só como herbas; desde as millaias ata os saínchos, pasando polos cardos e xuncas, fiúnchos e cantroxos, labazas e borraxes, ortigas e trevos...
Pero houbo un tempo no que fun carnívoro. De porco tan só. Touciño, touciño e Pingas de Orballo touciño. Chourizos de cebola, de cabazo, de boche, delgados e gordos (o famoso Pedro). Os chourizos de carne (que nós lles chamamos chourizas) case nin os degustabamos porque se vendían ou, como moito, tan só os catabamos en certas ocasións, é dicir, nos traballos fortes e intensos, como a sega da herba e a seitura.
Houbo un tempo no que lle puñamos lume ós chourizos. Para a súa curación. E para o meu medo. Peor aínda, para o meu pánico. Porque o fumeiro tiñámolo na propia cheminea da cociña e puñamos o lume nunha pedra asentada no piso. Todo o demais era madeira. Madeira medio podre xa. Piso no que había algún que outro buraco e... e abaixo estaba o cortello dos porcos, estrado de toxos e palla. O lume, as brasas, ás veces, por moitas veces, chispeaban para acabar caendo sobre o piso de madeira, para meterse polo buraco das táboas e caendo ó cortello. Entrábame o pánico por se se iniciaba un incendio. Sempre lle tiven terror ó lume.
Para durmir era un calvario porque... e se prendían as brasas no cortello?, e se ardía a casa? Cantas noites baixei á corte por se aquel.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES