Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 22 de diciembre de 2022
O arco do Señor

Saíu o arco da vella. Era o do Señor. Xa sabedes (e se non sabedes, ídelo saber): cando chove e hai sol sae o arco do Señor. Chove a hai sol. Como estaba esplendoroso gardeino nunha foto. Non para o recordo, senón para que non se me fora. Para que non Pingas de Orballo desaparecera. Así, podo subir a el ou podo pasar por debaixo del as veces que queira.
Xa non é a primeira vez que subo ó arco da vella. Un día fíxeno e paseino correndo sete veces. Cada carreira realiceina por cada unha das súas cores. Para non desprezar a ningunha. Sempre fun un pouco considerado. A maiores de que ningunha cor do arco da vella desmerece unha da outra.
Cando pase a correr por el de novo, penso facelo máis a modo. Para contemplar mellor o panorama ou para recrear mellor a vista. Desde o pico da curva tense que amosar un espectáculo espléndido, marabilloso. Moi fermoso.
Tampouco é a primeira vez que paso por debaixo del. Non hai moito que o fixen. É certo que tiven que andar unha eternidade. Cando pensaba que estaba chegando, o condenado estaba alá e moito máis que alá. Pero tamén saberedes (e isto si sei fixo que o sabedes) que a min non me fai recuar calquera impedimento. Como testán que son, sigo e continúo, ando e corro, marcho e non paro deica alcanzar a meta, a miña meta. Conseguín cruzar por debaixo do arco da vella. E tamén conseguín correr polas súas cores.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES