Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 21 de diciembre de 2022
Marcar os tempos

Sei marcar os tempos. Chovía e optei por sentar ante o ordenador antes de saír. Cando rematei xa deixara de chover. Puxen as botas e saín coma un lóstrego da casa. Sen paraugas. Malo será que... De todas formas, son moi de usar capucha. Por iso agora só quero cazadoras con carapucha. Sacan do apuro. Son coma os chinos. Os Pingas de Orballo comercios eses, digo.
Tamén sei que pola Valenzá podo realizar case todo o traxecto por debaixo de balcóns e galerías. O problema está no treito que vai da Finca Fierro á Valenzá, uns trescentos metros. A solución: a caparucha e saber marcar os tempos.
Tiven que marcar outro ó chegar á altura da rotonda da Familia ou da Farola, xa que quería chover de novo. Metinme nun café a escribir un Pingas de Orballo. E nese intre tamén deixou de chover. Así é que marquei outro tempo marchando axiña á biblioteca, onde deixei un libro, collín outro e lin un periódico dos que non están nos cafés.
Ó saír, pingas de chuvia quixeron caer sobre a miña cabeza. Pero eran tan poucos que nin me dignei a cubrirme coa capucha. Non obstante, por se as moscas, volvín marcar o tempo meténdome nun supermercado a comprar dúas cousas xustas.
Xa fóra, tocaba o camiño de volta á casa. Na metade do traxecto, outra vez un Pingas (este) marcando os tempos e tomando outro café. E agora, como xa non volve chover... adeus, moi boas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES