Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 21 de diciembre de 2022
A intelixencia dun paspán

Quero esbardallar sobre a aira do tempo, pero este, ás veces, é efémero. Teño a solución dos soños que van e veñen desde o principio ata a fin. Soñar esperto é bonito... dependendo do que se soñe. Soñar durmido tamén é bonito... cando non son pesadelos. Quero deixar de pensar nos soños, no tempo, no espazo, deixar a mente en branco e esperar a converter o ruído en silencio.
Fóra chove e as pingas de auga mollan a aira dos recordos. Aínda que hai recordos que, Pingas de Orballo nin mollados, esvaecen, se disolven; quedan envoltos nun recanto da memoria. Porque todos os recordos se balancean sobre o bambán dos sentimentos. Agora cada quen que se arrolique sobre o fío da súa conciencia.
Dentro hai ruído e non sei como facer para que o silencio furgue por entre as liñas que escribo. Hai escritos que precisan de certa concentración e o ruído é un inimigo. Nin os temas musicais que saen polos auriculares amortecen, debilitan o ruído do café. Malditas conversas dalgúns!
Fóra e dentro o tempo é efémero e eterno e único e pasaxeiro, no que hai soños e pesadelos e silencios e ruídos e recordos e sentimentos e escritos e música. Todo o que entra sae e todo o que sae entrou. Hai lóxicas filosóficas que bailan sobre a intelixencia dun paspán. Tamén has pasmóns que meten a filosofía no baúl ou na hucha da ignorancia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES