Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celebrando o Día da Constitución

lunes, 19 de diciembre de 2022
O 6 de decembro houbo celebracións varias. A da Constitución, garante de liberdades, igualdades e agardando fraternidades, reduciuse a recepcións oficiais xa que para a xente do común pasou ao faio no que gardamos os logros que, conseguidos, quedan a beneficio de inventario.

Boa parte do Lugo masculino, tentou celebrar diante do televisor o partido entre as seleccións de España e Marrocos, de acceso a cuartos de final do Mundial de Qatar, que a Federación internacional de Fútbol Afeccionado? estimou lugar axeitado para ser temporalmente o centro do mundo.

Durmín o partido ata o minuto 80, e cando coidei estaba a piques de rematar, funme con xente miúda ao Mercado do Nadal, acertadamente situado na Praza Maior, con recepción incluida de Papa Noel e xogos infantís sempre concorridos.

Entre os celebrantes da Praza, o xénero masculino era ben minoritario, e mulleres e nenos maioría absoluta. Logo deron en chegar homes marcados pola frustración que entendín cando me informaron da prórroga do xogo (para ninguén é un xogo, por certo), e do desenlace a cara ou cruz, que non parece mal sistema. Tristura nos hispanos e entusiasmo nos marroquinos con nove campionatos sen conseguir lugar digno de mención.

Pola rúa Vilalba, unha entusiasta caravana atronaba o ambiente con pitidos e berros, e os abandeirados que nela iban manifestaban un explosivo entusiasmo. E coidei que se vivise en Marrocos e os hispanos apeasen aos marroquinos desta competición, pensaríao ben antes de saír á rúa berrar o meu entusiasmo. E entón dinme conta que iso era a mellor festa da Constitución no seu día, marcando total liberdade de expresión sen que a ninguén ofendese.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES