Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 20 de diciembre de 2022
Asalto con malleira

Xa teño contado que, antigamente, ir ás feiras tiña a súa aventura, as súas apuradas e os seus medos por culpa dos ladróns, ós que sempre lles é máis fácil apoderarse do alleo sen suar moito que rompendo o lombo. Tamén é verdade que o ladroízo non se levaba a cabo tan só nos días de feira. Chegaba un día calquera no que Pingas de Orballo alguén soubese que andabas con cartos, para esperarte en algún recanto de calquera camiño. Aí estivo o caso de Jacinto Lamas Cid, un veciño de Presqueira, en Baños de Molgas, de 34 anos de idade, que, a primeiros de abril de 1965, dirixiuse ó concello de Taboadela con nove mil pesetas nos seus petos para mercar un becerro.
Non tardou en ter a súa aventura, a súa apurada e o seu medo. Un home agarrouno e abrazouno por detrás para darlle axiña a orde de que "soltara a pita". O Jacinto, claro, pensando que a un ladrón podía facerlle fronte, non tardou en resistirse. Non tardou en desistir. Porque apareceron dous individuos máis que non andaron con lerias, con voltas e reviravoltas, ou sexa, que lle zouparon na cara, no abdome e no estómago ata que o deixaron medio inconsciente.
Cando xa se recuperou algo, e por moito que vise a carteira no chan, soubo ó momento que as nove mil pesetas voaran. A carraxe inchoulle e molloulle os ollos porque... nin becerro nin cartos. Desde alí mesmo marchou a Maceda a denunciar os feitos ante a Garda Civil.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES