Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha cunca de caldo quente, de Xosé Lois García

miércoles, 21 de diciembre de 2022
"Unha cunca de caldo quente" é a última aposta teatral de Xosé Lois García. Nela sitúanos nunha fonda que ten como máxima fundamental o acollemento de toda persoa que vén polo camiño. En tempos de ditadura a señora Consuelo e a súa filla Maruxa teiman en construír un espazo de liberdade arredor dun elemento fundamental para a vida: unha cunca de caldo quente.

Partindo deste cerne elemental na cultura e na historia de Galicia, Xosé Lois García vai recollendo a diversidade que dende sempre estivo presente na cultura galega. Quizais neste tema poida entroncar dalgunha maneira coas "cousas da vida" de Castelao, xa que nos atopamos con distintos tipos de violencia que a sociedade franquista exercía precisamente contra a diversidade. Neste sentido ten especial relevancia a violencia sexual que se manifesta nos seus xeitos máis extremos. Isto é tratado dunha maneira delicada: sempre se conta en primeira persoa e sempre quen o conta recibe o agarimo de quen o escoita.

Atopamos tamén co problema do exilio e como os exiliados de varias patrias levan consigo un feixe cargado de soños e outro feixe cargado de penas. O mellor sitio para curar o exilio é a fonda de Consuelo e Maruxa porque alí todas as ideas teñen acollo menos aquelas que se expresan con violencia. A xestión que fan do conflito violento na fonda é moi destacable.

Un libro que cómpre ler dende moitos puntos de vista pero hai dous que se deben ter sempre en conta: a concepción dunha fonda como un espazo de liberdade e democrático nunha ditadura e a perspectiva de xénero que leva a unha comprensión case infinda dos que alí chegan.

Unha cunca de caldo quente é moito máis que fabas, verzas, nabizas ou unto. Unha cunca de caldo quente é unha oportunidade de ser e estar na vida con voz propia, sen ataduras e sen medo ao que dirán. Un libro para aprender a conquistar liberdades, asumilas como propias e irrenunciables e facer delas unha arma vixiante e sempre acesa contra a tiranía.

Parabéns novamente amigo Xosé Lois.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES