Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tik Tokpio

miércoles, 14 de diciembre de 2022
De Tik Tok e opio, por se quedaba dúbida...

Tik Tok. É unha aplicación en alza. Vídeos cortiños sobre calquera cousa, que fan engancharse sobre todo á xente nova, que comprende mellor o sistema e sácalle máis partido a base de adicarlle máis e máis tempo. Unha aplicación que se usa no móbil e que tende a consumir todo o tempo dispoñible e máis que se tivese. Unha especie de mistura de Youtube, Instagram e Facebook, que produce máis adicción, de secuencia máis rápida, e máis pasiva. E, en contraste coas outras citadas, de orixe non norteamericano, non 'occidental', senón chino, 'oriental'.

Opio. Droga. Ven comparándose, por exemplo, a relixión como 'opio do pobo' dende antes de que Marx popularizara a cita, asociando o termo a substancia indutora de vicio e mala vida. Lémbraste das guerras do opio que propiciaron a submisión da China ás potencias occidentais? -por certo, co opio pagábase o descompensado comercio con ese xa daquela industrioso país-. Con esa submisión deu comezo un período aciago para o Imperio do Medio. A submisión da xente o que naquel momento era considerado un vicio abstraínte e idiotizante -houbo outros momentos e lugares nos que non foi así-. Foi occidente o que impuxo a non proibición do uso de opiáceos que mantivo ós chinos -e á China- submisa.

E agora, hoxe. Hoxe usamos diversos avances tecnolóxicos, nunha espiral á que polo momento non se lle ve fin. Mais o avance non ten por que ser bo, no mesmo sentido que cando na ditadura se contaba o chiste 'Estábamos diante dun precipicio. Hoxe demos un paso adiante'. O caso é o uso que se faga do avance científico ou tecnolóxico. Avanzar implica a apertura de posibilidades en tódolos sentidos, bos e malos. Hai tempo lembro ter discutido sobre a bondade dos avances tecnolóxicos, e certamente, depende do uso que se faga deles, e, nese sentido, da formación da xente para afrontar o seu uso. Que conste que nesa discusión, fun eu quen cambiou a idea ó final, non o meu contertulio.

Insisto: un avance, unha novidade, pode ser bo, pero non ten por que selo. Todo depende como e para que se use. Unha mesma tecnoloxía pode servir para producir enerxía ou para facer armas. E mesmo xa producida, un arma como un coitelo pode usarse para matar, pero tamén para moitas outras cousas, dende para cortar a comida a pelar unha rama para facer un bastón de apoio.

Tik Tok pode ser unha enorme perda de tempo, uso maioritario en occidente, ou unha ferramenta de formación, como está tentando regular o goberno chino coa versión interna, Douyin. O opio tamén pode ser usado como analxésico ou sedante no marco da medicina, ou constituír un problema de saúde pública e contribuír a marcar o ritmo dunha sociedade. O opio contribuiu a manter soxuzgada a China durante moito tempo, viciando o seu pobo. Semellanzas abondo como para considerar o xeito de uso e abuso do outro termo da comparación, Tik Tok, como último exponente dunha tecnoloxía que levou á interconexión e acceso instantáneo ó coñecemento, pero tamén a unha morea de posibilidades de sinxelas perdas de tempo idiotizantes.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES