Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 13 de diciembre de 2022
Os pelos de espeto

Coa escusa, co pretexto das guerras, ás veces xustificamos a violencia. Non obstante, no ano 1945, en España, xa non había tal contenda, xa levabamos seis anos sen guerra civil, pero a violencia estaba á orde do día e de forma malévola, dominadora, selectiva e criminal. As torturas franquistas eran impresionantes e agónicas, que, a maioría delas, remataban ante un muro ou ante unha tapia calquera por medio do fusilamento. Outros, para Pingas de Orballo máis escarnio, remataban no garrote vil.
Lendo o libro "Madrid 1945. La noche de los Cuatro Caminos", de Andrés Trapiello, hai páxinas que poñen os pelos de espeto e case con ganas de devolver. Porque as torturas non só se realizaban sobre homes feitos e dereitos, senón sobre mociños imberbes e mesmo algún que outro cativo. As mulleres, tanto adultas como adolescentes... é mellor non describir o acoso, o abuso , a violencia (e o que imaxinades) para non ter que marchar a un recanto a botar os fígados.
Ante todo iso, non podo entender como, hoxe, aínda moitos, moitos, moitos desexan correr un tupido velo ante esa limpeza que se levou a cabo simplemente por ideoloxías, por xenreiras, por inimizades e incluso por darlle acubillo a alguén ou porque eras amigo de ou da mesma aldea-vila de. Tamén porque se lían libros que non se deberían ler, porque non levantabas o brazo, porque non cantabas o "Cara el sol", porque mirabas de fronte. Porque querían. Simplemente porque querían amosar o poder a base de hostias, violacións e tiros na noca, na caluga.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES