Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Descentralizar

miércoles, 14 de diciembre de 2022
Cantaba Daniel Viglietti e tamén Víctor Jara:

A desalambrar A desalambrar
Que la tierra es nuestra
Tuya y de aquel
De Pedro y María
De Juan y José.

Pedían algo tan xusto como a repartición xusta dos recursos. Hoxe, dita repartición implica (gústenos ou non) un tecido empresarial forte que puxe polo territorio. Isto por un lado evita migracións e polo outro atrae institucións. É aquí onde o tecido empresarial e as institucións públicas andaluzas e galegas están de parabéns: Sevilla será a sede da Agencia Espacial Española e Coruña da Agencia Española de Inteligencia Artificial.

Quizais veña ben mudar o berro de Daniel e Víctor por "a descentralizar" e neste sentido coido que sería positivo que Castela e León, Aragón, Euskadi ou Cataluña tiveran outras oportunidades deste tipo. Habería que dar preferencia a aquelas que teñen máis dificultades de desenvolvemento e que tiveron menos oportunidades.

O que me parece inxusto e falto de ética é que haxa quen o queira todo. De feito xa empeza a falar de descapitalización, agravio e outras historias. Pois ben, ter optado ás dúas non é acaparador? Onde está a solidariedade da capital que (seica) nos une? Máis ben retractase naquela canción do Zeca "eles comem tudo e não deixam nada".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES