Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 07 de diciembre de 2022
E se chove, que chova

Non sei como facer para loitar contra as adversidades do tempo. É un dicir. Sei que teño a solución na man e, ademais, de forma moi sinxela: meterme na cama. E se chove, que chova. Aínda que recoñezo que, ás veces, desespero por unha cousiña de Pingas de Orballo nada, e tendo a solución ante min.
Meténdome na cama teño a batalla ganada. E a guerra tamén. Se estando baixo a chuvia me cubro dos bombardeos cun paraugas ou coa capucha da cazadora, na cama, a maiores de cubrirme, soño cunha contenda sen balas e sen inimigos, soño cunha paz feliz e duradeira. Por soñar ata podo soñar coa Perla Negra. E se chove, que chova.
Chover, vaia se chove. Leva todo o día chovendo, ou sexa, alterándome os nervios. Porque a chuvia é bonita, melancólica e necesaria, pero cansa unha barbaridade. Non deixa facer practicamente nada. De aí a loita que teño que levar a cabo moitas veces. Certo, porque son un desesperado. Chovendo non podo ler por fóra, mais podo facelo na cama. Aínda que na cama cústame un pouco ou un moito máis: non tardo en topenear.
Topeneando, e estando na cama, cal é a mellor solución? Pousar a corna. Pousando a corna alívianse todos os males, todas as miserias, todas esas loitas contra as adversidades do tempo. Desa forma, desa maneira nin hai batallas, nin guerras, nin calamidades, nin desesperacións; simplemente unha paz tan bonita que, por veces, ata se ronca. Como debe ser. E se chove, que chova.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES