Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 06 de diciembre de 2022
Roubo nun fumeiro

Case seguro que durante uns días non se falaría doutra cousa. Pero un servidor, aínda sen cumprir os seis anos, non se decataría de nada. Ou aínda que oíse aqueles días algo, o paso do tempo foi como unha trituradora que mandou ese suceso ó limbo Pingas de Orballo do esquecemento. O que aconteceu a principios de febreiro de 1965 foi un roubo en Baños de Molgas de carne, chourizos e mesmo unha burriña.
Os veciños molgueses Manuel Rodríguez Villar e Darío Fernández Formoso, de 31 e 56 anos respectivamente, denunciaron ante a Garda Civil tales feitos. Estes leváronse a cabo nunha cociña provisional, ou sexa, nun fumeiro, que estaba pegado a unha casa en construción. Para elo, o ladrón tivo que practicar un buraco e por aí arramplou co que puido. Segundo as crónicas da época, o valor do adquirido consistiu nunhas 2.000 pesetas en carne e chourizos e 1.500 o que custaría a burra.
Menos mal que o subtraído non durou moito nas mans do garduño. Exactamente, vinte e catro horas. Porque os veciños de Moreiras, unha aldea de Xinzo de Limia, ó ver a burra cargada con dous grandes sacos, desconfiaron do paisano e, por medio do alcalde pedáneo, axiña lle deron conta á Garda Civil da vila da Antela. O malandrín quixo darlle sebo os pés; como se a Benemérita fora parva.
A min o que me asombra de toda a crónica é a sagacidade deses veciños de Moreiras. Que lle verían ó individuo para que lles dera mala espiña? Porque un burro cargado neses anos haberíaos a moreas. Ó mellor viron a acción ou a desconfianza reflectida nos ollos do ladrón. Ó mellor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES