Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 01 de diciembre de 2022
Endexamais

Sempre lle hai que facer caso ós profesores. Porque son os que saben. Eu voulle facer caso ó profesor Alfonso Vázquez-Monxardín. Endexamais volverei usar a expresión nunca máis. A non ser que o alzhéimer faga das súas. Pero, en principio, endexamais voarei sen ás. Porque a última vez que o fixen levei o bo trompazo. Endexamais pecharei os ollos para non sentir pesadelos; con eles abertos é bonito soñar esperto. Pingas de Orballo Endexamais quedarei de pasmón contemplando a luz da lúa vella, cando podo moi ben subir ó faiado, poñer o traxe de astronauta e despegar ata ela.
Endexamais semella que é unha negativa moito máis nosa. E todo o que é noso debemos ter a obriga de usalo. Endexamais asomará polos meus escritos un nunca máis petroleiro. Endexamais direi desta auga non beberei, cando sei perfectamente que, ó ser auga, bebo da que sexa. Se mesmo cheguei a beber daquela auga que corría pola rodeira dun carro. Cando a sede é moita, a cabeciña pouca e a infancia foi o que foi, adoitábanse facer cousas desas. E non morrín. Nin tan sequera collín unha cisca.
Endexamais cruzarei o Atlántico se non é subido á Perla Negra. A nado non, que afogo. Endexamais deixarei de escoitar bandas sonoras ou calquera música que asome ou que choute ó aire. Endexamais deixarei caer sobre un papel en branco ruxerruxes sen fundamento, nin deixarei que as palabras se bambeen sobre unha realidade hipócrita, ficticia, falsa. Endexamais.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES