Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O cancro dunha mocidade

jueves, 27 de noviembre de 2008
No mundo que quere cambiar o “Super-Obama” cara a máis liberdade, xustiza e paz, non só lle vai cumprir enfrontarse coa violencia de clases, a violencia racista, a machista, a feita no nome de ideoloxías políticas... ou a máis inxustificable aínda feita no nome de relixións que din ofrecer a salvación. Cumpriralle tamén unha metanoia, sabia verba grega que significa cambio profundo; o da violencia inserida moi no fondo nun sector da mocidade e da mesma infancia; unha violencia que ten a súa raiceira na exercida polos adultos.

Non é só o caso dos seus compatriotas máis novos que acabaron a tiros con compañeiros –entre outras cousas polo absurdo acceso doado ás armas-, ou aquí o caso abominable dos mozos xulgados por acosar e queimar viva a unha indixente nun caixeiro; senón tantos casos pasados e recentes de violencia e acoso escolar en Madrid, Catalunya ou Galiza... non só na mediáticamente demonizada Euzkadi. Estes feitos fálannos dun cancro que infecta o corazón de moita xente nova, aínda que haxa moita máis san. É o sufrimento físico e moral que son capaces de infrinxir rapaces e rapazas aos seus colegas, tan só polo feito de ser diferentes a eles, ou polo simple pracer de facelo; actitudes de crueldade e prepotencia, de desprezo dos febles ou dos derrotados... Sufrimento que está reclamando un plus de humanidade que cómpre sementar neses corazóns novos. Isto supón a urxente necesidade de curación dun cancro terrible, para que poida aflorar o mellor que eles mesmos levan dentro: o amor gratuíto e a solidariedade, tamén co diferente.

Con razón dicían recentemente os amigos de Irimia que “discutindo de galgos e podencos, os cristiáns confesionais nostálxicos e os ateos de dogmática militancia, libran unha batalla aburrida”. Aburrida e perigosamente inútil nun mundo con urxencia de xustiza e de compaixón. Un mundo no que a xente nova teña impreso non só nos libros, senón no seu corazón, que ningún compañeiro, ou eles mesmos, pode prohibir a outros o dereito a ser libres, a opinar e ser diferentes, a elixir os seus amigos, a... vivir a propia vida e ser felices.
Pérez Prieto, Victorino
Pérez Prieto, Victorino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES