Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O breve espazo onde non estás

miércoles, 30 de noviembre de 2022
Hai unha semana marchou Pablo Milanés, cantor interxeracional que, por certo, tivo vínculos moi sólidos con Galicia. Vínculos que o levaron a cantar en galego en diversas ocasións de xeito que fica na memoria a maxistral interpretación xunto a Batallán de "Aí vén o maio".

Calquera que o escoitara pode cadrar en que era unha gran voz e un gran trovador que nos deixa cancións e interpretacións moi emotivas. Entre as cancións que nos poñen ao borde da bágoa está aquela de "Yo pisaré las calles nuevamente". Quero recordar este tema adicado a Chile e a Allende, porque precisamente Pablo vaise na mesma semana que Hebe de Bonafini, nai de Maio e loitadora incansable polos dereitos humanos.

Tanto dePablo como de Hebe lin de todo pero, para min, ese todo condena supostas máculas que en outros casos disimula como simples erros. Hai que lembrar que Hebe loitou por recuperar familias e por que determinadas identidades non foran substituídas por outras impostas sobre a base dun roubo inadmisible. É indiscutible que a historia dos dereitos humanos ten que pasar pola praza de Maio e dende ela erguer ao mundo un capítulo fundamental.

Música e activismo sempre foron intimamente unidos e, quizais, esta semana convídanos a lembrar que as liberdades conquístanse coa palabra. Cada vez falta un pouco máis cultura de liberdade, xa que parece algo perenne alén das xeracións e a verdade é que cada xeración debe conquistar a súa liberdade, procurando manter nela o legado dos devanceiros.

Por iso a mellor forma de rematar este artigo quizais sexa lembrar os versos que Ismael Serrano lle adicou ás Nais de Maio. Versos cos que tantas veces unha bágoa quixo superar a barreira das pestanas para enxugar emocións de liberdade:
"Guían mis manos sus manos
fuertes,
hacia el futuro, hasta la
victoria siempre.
Guían mis manos sus manos
fuertes,
hacia el futuro, hasta la
victoria siempre."

Pois iso, con Pablo e con Hebe seguimos cara o futuro porque como dixo o Ary dos Santos "cando o pobo esperta, sempre é cedo".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES