Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O envellecemento, un criterio equívoco de financiamento

miércoles, 26 de noviembre de 2008
Un dos criterios que se manexan desde a Xunta de Galicia para conseguir máis cartos do Estado é o envellecemento da nosa poboación. Tal pronunciamento corre o risco de abundar na estigmatización da vellez como unha carga social que somente acarrea gasto sen ter outra finalidade que a atención pública na súa decrepitude e dependencia. O propio conselleiro de Economía aludía a que os maiores de 65 anos utilizaban catro veces máis os servizos sanitarios que os menores desas idades. O que non dicía é o que significan os sobrecustos da aplicación indiscriminada da tecnoloxía e o incremento doutros custos asistenciais, tal como reflexaba o informe dun Valedor do Pobo, ou mesmo unha xestión sanitaria deficiente, que nada disto ten que ver coa idade da poboación, O profesor Corbacho, da Universidade de Santiago, referente ao gasto famaceútico, afirmaba no seu día nun artigo que somente o 6 % corresponde ao envellecemento da poboación o resto repártese entre a inflacción, o aumento das recetas e o custo dos medicamentos.

É certo que se necesitan cartos para a sanidade e para cubrir a dependencia (e para outras moitas cousas), e que se pidan, pero non deberían alcumarse cunha nominación que lonxe de ser un problema, arranxa moitos outros.

Iste verán a prensa anunciaba a morte por infarto dun septuaxenario na praia de Valdoviño cando intentaba axudar a un dos seus netos de curta idade con problemas para saír da auga. O abó estaba coidando de dous dos seus netos porque seguramente os pais estaban no traballo. Como el hai moitos vellos que cumpren esa función. Pero non só, tamén son moitos os abós quen acollen aos netos cando aos seus pais, por diversas razóns, se lles imposibilita administrativa o legalmente de facelo. Asemade, en non poucos casos son maiores os quen se ven obrigados a atender a outros maiores dependentes por carencias institucionais. Pero, ademais, cantidade de casas na precariedade, no campo e na cidade, mantense grazas aos seus vellos pensionistas.
Hoxe en día, e na medida que a vellez medra máis sana, máis preparada e con máis poder adquisitivo o mercado préstalles unha maior atención, coadxuvando dun xeito importante ao consumo e polo tanto ao seu desenvolvemento (por exemplo, miles de empregos se conservan e moitas ventas de produtos se realizan grazas aos vellos no campo do turismo e o ocio).

Así pois, o envellecemento non é ningunha rémora a soportar, como pode insinuar ise criterio, senón que cumple unha importante función social e económica, incluso diríamos, tamén, que unha ventasoxa utilidade política, a tenor do interese polas festas dos vellos que amosan os nosos mandatarios.

O problema, polo tanto, non é que haxa moitos vellos, iso significa unha esperanza de vida moi positiva para o país, o problema é que hai moi poucos xoves, tan poucos que xa os menores de 19 anos son moitos menos que os maiores de 65 anos
(-162.696) cuestionando o relevo xeracional; e a diferencia, de seguir isto así, incrementarase cada vez máis. E isto si que é grave para a nosa economía.

A cuestión, entón, non é o envellecemento da poboación senón todo o contrario, a falta de xuventude. Isto é o que na realidade habería que abordar. As medidas para o rexuvenecemento da nosa poboación deberían ser o verdadeiro criterio estratéxico de finanzamento si queremos acadar un futuro próspero para Galiza.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES