Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Mundial é un Mundial

lunes, 21 de noviembre de 2022
Como non chegamos a tempo de parar a celebración do Mundial de fútbol en Qatar (empezou onte), por aquilo tan sinxelo que dixo o noso ilustre don Francisco Quevedo y Villegas: "Poderoso caballero es don dinero", non queda outra que ver fútbol e máis fútbol. Si, agora, algúns da FIFA xa recoñecen que foi un error levar á petromonarquía tal Mundial, pero xa se sabe aquilo de que pedir perdón é moi fácil. O perdón sempre se pide despois do erro. Despois de encher, iso si, as faldriqueiras con bos feixes de billetes.
Un Mundial é un Mundial
Cometeuse un erro. Pero agora xa non hai volta de folla. Moitos tamén falan de facerlle boicot a tal Mundial. E aquí case estou co que lle acabo de escoitar agora mesmo ó propio presidente da FIFA, Gianni Infantino, chamándolles a eses críticos hipócritas. Porque, por exemplo, moitos dos españois que clamaron ó ceo polo acaecido na construción dos campos de fútbol no país qatarí e polos seus dereitos humanos son os mesmos que se puxeron coma brasas cando se falou de trasladar os restos mortais do noso Gran Caudillo do Val dos Caídos, e sabendo como sabemos a forma en que se construíu esa aberración fascista. Os malos sempre son os de fóra; nunca os nosos. Somos un país emigrante e odiamos ós inmigrantes. Esbardallamos contra o exterminio xudeu e quedamos mudos ante a desfeita realizada no Novo Mundo. Algo hipócritas non somos... somos moi hipócritas.

Non quero complicar máis o asunto, gustándome o fútbol como me gusta. Falo logo de fútbol. E voulle dar un pouco de cheda a Luis Enrique, por moito que diga que ten un ego moi seu. Agora mesmo recoñezo que é un tipo moi listo. Estou convencido de que o bombazo ese do seu stream (ou como carallo se chame) é para que os focos dos medios de comunicación se dirixan cara á el e deixen en paz ós seus rapaces. Estou seguro de que lles quere quitar presión ante tal acontecemento. Lembremos que é nada menos que un Mundial, que non é moco de pavo. E, sinceramente, son cativos. Creo que lles chaman a xeración ou a selección do chupete. Con iso está dito todo.

Non me sairá da cabeza todas esas atrocidades que leva a cabo ese país. Pero tampouco me sairá da cabeza o fútbol en si. A proba é que, eu, si intentarei ver todos os partidos que poida. Porque... un Mundial é un Mundial.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES