Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (33)

viernes, 18 de noviembre de 2022
Curandeiros e compostores

Había un amplo abano de curandeiros na nosa Galiza, sendo moitos deles Valuros, pero están desaparecendo. Algúns eran capaces de tratar todos os males en xeral, aínda que tamén os houbo especializados en certas doenzas. Algúns, o mesmo que os médicos, empregaban para curar os elementos propios da natureza, como poden ser as plantas; outros, para curar os males, eran capaces de comunicarse co máis alá, cos espíritos, e aínda co demo.
A misteriosa e incógnita Valura (33)
Os menciñeiros e curandeiros tratan de curar as enfermidades do corpo e tamén as da alma. Coñecen os segredos das plantas e dominan as técnicas da curación, Son chamados tamén médicos-bruxos, curan a persoas e a animais mediante herbas e conxuros, ensalmos e rituais máxico-relixiosos, levando o enfermo a lugares con propiedades exotéricas como poden ser as encrucilladas, atrios de igrexas, árbores etc. O don de curar vénlles por herdanza familiar ou por -como se di vulgarmente- "ter mao". Para a curación empregan tamén a imposición de mans, que como recordo ancestral tamén empregan os sacerdotes cristiáns cando din misas.

Os compostores teñen unha actuación baseada nun coñecemento máis ou menos minucioso do organismo humano e unha grande experiencia neste campo. Os compoñedores ou compostores dedícanse a curar os osos rotos, as torceduras e as escordaduras. Tamén se chaman "atadores de ósos". Colocan no seu sitio os membros danados coas súas mans coñecedoras da anatomía e inmobilízannos con táboas e cordas de esparto. Dan fregas con vinagre e poñen cataplasmas. Hai que observar que non teñen ese cariz máxico nin místico. Aprenden o seu oficio por tradición familiar e adquiren a habilidade para reparar osos rotos.

Salve Valuria!

NOTAS:
FREIRE, Pilar.- Menciñeiros, saludadores e compoñedores. Los sanadores en la medicina popular de Galicia. Las Gentes. Tomo 1. Gran Biblioteca Temática de Galicia. Radiovoz, Edita Ea, Coruña 2006.
Outros:
LIS QUIBEN, Victor.- La medicina popular en Galicia.
CABALEIRO GOÁS, Manuel.- La psiquiatría en la medicina popular gallega.
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús.- Supersticiones y preocupaciones vulgares.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo.- Endemoniados en Galicia hoy.
BECOÑA IGLESIAS, Elisardo.- Medicina popular.
VÁZQUEZ GALLEGO, Jesús.- Tradiciones, mitos y creencias. Curanderismo en medicina popular de Galicia.
RISCO, Vicente e CUNQUEIRO, Álvaro.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES