Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 17 de noviembre de 2022
Máis listo que un allo

Cando estaba nese momento culminante de saborear o café que xusto acababa de tomar, soou o móbil que tiña sobre a mesa. Eran, unha vez máis, os do concello de Baños de Molgas. Que necesitaban con urxencia ó investigador privado (que é máis listo que un allo) para resolver un deceso, do que aínda non se sabía se era asasinato, homicidio, suicidio, accidente ou vai ti saber. Así me dixeron.
Pingas de Orballo Non me fixen de rogar, subín ó Astra do ano 92 e para alá marchei, para a mesma carreira que leva ós Caneiros. Alí, a maiores da Garda Civil e de dous traballadores do concello, estaban, faltaría máis, os típicos xubilados para ver, saber e, se facía falta, opinar. Despois, claro, contar.
Tombado sobre o valado esquerdo da carreira estaba Secundino, O Tiralevitas, e cun enorme golpe na cabeza. Todos se apartaron un pouco para que eu estudase e analizase sobre o terreo. Non tardei en ver unha enorme roda na que nunha parte do seu caucho vin unhas pingas de sangue. A arma do delito. Pero quen era capaz de levantar aquela mole para darlle á vítima na cabeza?
Axiña me veu á memoria a nova que lera o día anterior sobre a aterraxe en Peinador dun avión ó que lle faltaba unha roda. Mirei para os asistentes, principalmente para os xubilados que, pobres, merecían recompensa ás súas esperas, e solteilles de golpe que ó Tiralevitas matárao a roda dun avión que caera do ceo. Quedaron coa boca aberta; pola noticia e pola rapidez de resolver eu o caso. O dito: máis listo que un allo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES