Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 16 de noviembre de 2022
Silencios e berros

O silencio ben a ser unha felicidade temporal. O berro é un desafogo explosivo. Tanto un coma outro son máis que necesarios. Por veces, quizais demasiadas veces, buscamos o silencio porque moito ruído abouxa, enxordece. O berro non o buscamos Pingas de Orballo porque este aparece incluso máis a miúdo que o silencio. E co berro vai a impotencia, o medo, o estouro que racha esa pequena felicidade. Silencio e berro, berro e silencio, xuntos ou por separado, sempre estarán nun, dentro dun.
Se sento á beira do mar, e a pesar do ruído, instálome no silencio. E son capaz de berrar en silencio para atravesar ese ruído. Aínda que recoñezo que, neses momentos, ese berro non ten nada de desafogo. Porque hai berros que rebentan tamén de felicidade. Como hai silencios que mancan e que doen.
Hai quen pinta e versifica o silencio. Onte mesmo o descubrín na presentación dun libro do meu amigo e veciño molgués Pepe Bouzas de cando el e o escritor Juan Tallón falaban dos silencios do poeta ourensán José Ángel Valente e o pintor americano Mark Tobey.
Tamén os hai que pintarán e versificarán o berro. Aí está o libro de poemas de María del Mar Estrella titulado, nunca mellor dito, "Ese berro calado do silencio". Edvard Munch pintou o seu famoso "O grito". Gabriel Celaya dixo que "ti sabes e o teu verso pon o berro no ceo". Mesmo o director cinematográfico Roland Joffé rodou "Os gritos do silencio". Por separado ou xuntos, o silencio e o berro están para deitarnos coa felicidade e para descansar co desafogo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES