Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mortos galegos

martes, 15 de noviembre de 2022
Hai unha antiga foto do profesor Eduardo Sampayo impartindo clase de ciencias naturais nos xardíns da praza Maior de Lugo, que é a imaxe perfecta dunha educación axeitada ao medio, especialmente en Galicia na que a vida asoma por calquera contorno.

Dixen "a vida"… pero o día de Difuntos, presentei e presenciei unha clase de galego no cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela, o único de Galicia que ten todas as súas lápidas en galego.

A lección recibírona corenta nenos e nenas de primaria do colexio de Paradela, acompañados polo seu profesorado, entre os nichos do cemiterio para escoitar ao Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; os arquitectos lucenses Jorge Salvador e Alberte González, responsables da obra; Xosé González, Presidente da Asociación de Funcionarios polo galego e M.ª Xosé Gómez, Xefa de Cultura e Educación da Xunta en Lugo.

A mellor lección é o exemplo, e mellor exemplo ca que os mortos de San Facundo teñan nas lápidas no idioma que falaron en vida, non pode habelo. Se a min, de pequeno, me tivesen levado a un sitio así – non o había, claro – non o esqueceria na vida, e estes nenos experimentaron un impacto especial, contarano nas súas casas, e lembrarán sempre o día en que os levaron a un cemiterio para a lección do día.

Para ensinar galego é bo calquera día e lugar, porque sempre atoparemos exemplos que aplicar. Pero no día dos que habitan a parroquia do máis aló, hai que ir ao exemplar lugar de S. Facundo, para atopar o exemplo perfecto de como relacionar a memoria dos mortos coa presencia dos vivos: Vendo que se lembran en galego os restos dos que en vida falaron sempre no idioma do país.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES